Saturday 18 de May de 2024

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo lembra a Eduardo Coma cun concerto de homenaxe


A gala, que se celebrará este 31 de maio, reunirá a numerosos músicos e agrupacións

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo lembra a Eduardo Coma cun concerto de homenaxe no que participarán músicos e agrupacións vinculados ao gran violinista cubano, que foi profesor no noso CMUS e que finou en novembro do ano pasado.

A gala celebrarase este mércores 31 de maio, a partir das 19.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura. Polo escenario pasarán Gala Cernadas, Leticia García, Jorge Genó, Giselle Grau, Antía Ameixeiras, Antonio García, Irene Cerqueiro e as agrupacións Cimarrón Ensamble e Rafa Espido, Orquestra de Corda Profesional e Luar na Lubre. A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio.